Aquí vos deixamos unha mostra das vosas alfombras recibidas. Aínda que este ano non as poderemos facer nas rúas, polo menos lembraremos así o Corpus dun xeito especial.
Hoxe o profe Steve mandounos unha mensaxe para que vos fixeramos chegar o seu agradecemento polos vosos SUPERTEACHERS e tamén polas vosas mensaxes e cartas.Pediunos que vos subiramos este vídeo que fixo con todo o seu cariño. Se queredes velo clicade AQUI.
Este ano non se poderá celebrar, polo COVID 19, unha das nosas festas tradicionais, a FESTA DO CORPUS CHRISTI. O día grande de Ponteareas teremos que facelo visible dalgún xeito.
A Asociación de Alfombristas propón a todos os rapaces e rapazas realizar unha pequena alfombra nas vosas casas. Dende aqui queremos unirnos á súa proposta creando FLOWER CARPETS con flores naturais, de papel, secas, con semillas ou calquera outro material que se vos ocurra.
Teredes que sacarlle unha foto e mandárnola ao noso correo:
Este vídeo xa vos dará a pista do que imos traballar esta semana.
Dende fai varios anos, o noso concello
organiza unha exposición de MENINAS durante as festas do CORPUS.
Se estiveramos
no cole estaríamos dándolle os últimos toques á nosa MENINA. Esta foi a do ano pasado.
Esta semana a nosa actividade de ARTS
xirará en torno ás Meninas, obra emblemática do pintor sevillano Diego
Velázquez, que realizou este cadro en 1656. Unha das meninas Mª Agustina de
Sarmiento, naceu en Canedo, nun pazo que despois se convertiría no actual
convento.
Propoñémosvos deixar voar a vosa imaxinación para facer a vosa particular reinterpretación de María Agustina de Sarmiento.Podedes cambiala de roupas, de escenario...utilizando diferentes materiais.
Chega á hora de despedir a Steve. Se estiveramos no colexio faríamoslle unha festa e prepararíamoslle diferentes agasallos para que non se esqueza de nós, por iso ímosllos preparar esta semana e farémosllos chegar dende aqui. Agradecerémoslle todo o que nos axudou este curso. Foi todo un SUPERTEACHER polo que para esta semana propoñémosvos convertir a Steve nun SUPERHEROE. Deixámosvos este vídeo para que vos axude e vos dea inspiración.
Aqui vos queda unha pequeña mostra de fotos por se alguén quere lembralo mellor. Foron moitos os momentos compartidos con él, e fixo ,que non os esqueceremos nunca.
Animádevos a crear a SUPERTEACHER STEVE, pode ser debuxado ou creado con diferentes materiais. Esperamos as vosas creacións, non vos olvidedes de mandárnolas e poñerlle algunha mensaxe de despedida e agradecemento.
Aqui vos deixamos un vídeo coas vosas creacións . Einstein decía que "A CREATIVIDADE É A INTELIXENCIA DIVERTÍNDOSE". Por iso queremos animarvos a que a sigades potenciando.
Unha mancha de café pode servir de inspiración a moitos artistas. Esta semana propoñémosvos un novo reto (challenge), darlle vida ás vosas manchas de café. Steve enviounos esta presentación para axudarnos e inspirarnos, para vela podedes clicar AQUI.
Agora seguro que xa estades desexando crear as vosas criaturas con esas manchas. Como Steve vos di, quen non teña café pode facelo con algún refresco de cola ou incluso con acuarela ou témpera moi líquida. Estamos desexando ver as vosas creacións.
Non vos esquenzades de facérnolas chegar ao noso correo:
Dale Chihuly fixo o teito desta ponte con esculturas de cristal inspiradas no fondo do mar. A luz natural fíltrase a través das esculturas. A que sería maravilloso poder visitalo?
Esta semana teredes que inspiraros nesta creación e facer un debuxo cheo de cor e con olor a mar.
Esta semana aprenderemos a darlle movemento aos nosos debuxos. Fixádevos ben no vídeo porque o challenge (reto) desta semana é facer un debuxo con movemento. Non hai poque facelos iguais aos que aparecen aqui, só son exemplos.Creade os vosos propios debuxos con movemento. Deixade voar a vosa imaxinación!
Cando o teñades feito podedes mandárnolo ao noso correo.