viernes, 15 de diciembre de 2023

PIXILATION ANIMATION

 Estas sesións en Arts traballamos co noso auxiliar con Pixilation, unha variante de stop motion onde os actores e as actrices eran os propios rapaces e rapazas. Deixamos que a maxia da animación por imaxes fixas nos envolvese. Aqui abaixo deixámosvos unha pequena mostra do que fixemos.







viernes, 17 de noviembre de 2023

PAINTING WITH YARN

 Os nosos alumnos e alumnas mostraron unha sorprendente habilidade artística ao participar na pintura con lás inspirada en Van Gogh. Coa súa creatividade e habilidade  plasmaron os distintivos trazos do artista nas súas propias interpretacións. Os resultados foron asombrosos, amosando o poder da expresión artística e a capacidade de cada individuo para dar vida á obra dos grandes mestres dunha maneira única e persoal.