miércoles, 19 de junio de 2019

VISITA AO CONVENTO DE CANEDO, ANTIGO PAZO DE SARMIENTO




Para clausurar este proxecto das Meninas fomos visitar o Convento de Canedo, antigo pazo de Sarmiento. Recibiunos o superior e falounos da historia do convento, de como foi primeiro o Pazo dos Sarmiento onde naceu María Agustina . Puidemos ver a copia que lles regalou o Museo do Prado e tamén fotografiarnos co escudo dos Sarmiento.

FOI UN DÍA INESQUECIBLE PARA TODOS E TODAS!!

domingo, 9 de junio de 2019

ORGULLOSOS DA NOSA MENINA FERMINA





Por fin rematamos a nosa Menina e só esperar a que a veñan buscar para a exposición. Agora quedábanos pensar un nome, entre todos e todas, saíron varias propostas e o final quedou a máis votada, A Menina Fermina, porque a fixemos no Fermín Bouza Brey. Incluso nos imaxinamos a súa historia..."A Menina Fermina foise de vacacións a Hawaii e quixo mercar unha saia típica coma as que levamos nos no Entroido porque lle gustou moito
Que orgullosos nos sentimos da nosa obra rematada!!Pero todavía máis contentos de saber que imos colaborar con ela nunha causa solidaria. Primeiro estarán expostas en diferentes establecementos de Ponteareas e despois farase unha puxa por cada unha delas e os cartos conseguidos irán a unha causa solidaria, este ano a Asociación de Cancro de mama  Pilar Domingo.

CÁNTO VOCABULARIO NOVO EN INGLÉS APRENDIMOS E REPASAMOS NESTOS DÍAS COAS MENINAS!!!

lunes, 3 de junio de 2019

AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA



CRITERIOS DE AVALIACIÓN

·        Obter información concreta e relevante sobre feitos e fenómenos previamente            delimitados, utilizando diferentes fontes (directas e indirectas)
·       Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación para obter información  e      como instrumento para aprender , coñecer e utilizar palabras claves  necesarias         para ser capaz de ler, escribir e falar sobre un cadro
·       Buscar e obter información a través das TIC, utilizándoa de xeito crítico e                   sistemático.
·       Describir diferentes  rasgos físicos das persoas.
·       Valorar o traballo do grupo aceptando as diferencias con respeto e tolerancia hacia    as ideas e aportacións dos demáis.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

·    Busca, selecciona e organiza información concreta e relevante, a analiza , obtén conclusións e o comunica de xeito oral.
·  Analiza información relacionada co tema e manexa imaxes, resumes e as tecnoloxíasda comunicación e a comunicación.
·   Usa as TIC para buscar, obter e tratar información , e utilízaa de xeito crítica esistemático.
·      Utiliza estratexias para realizar traballos de xeito individual e en equipo.
·  Participa en actividades de grupo adoptando un comportamento responsable, constructivo e solidario.
·      Describe rasgos físicos das persoa

COMPETENCIAS CLAVES

·         Comunicación Lingüística
Expresión oral sobre os personaxes do cadro, nomes e aspecto físico.

·         Competencia social e cívica
-       Cooperación entre compañeiros
-       Compartir materiais en clase
-       Aprender a convivir entre eles 
-       Empatizar cos compañeiros de clase

·         Conciencia e expresións culturais

       Interese por Velázquez e polo seu cadro As Meninas
·         Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor
        Desenvolver a súa propia autonomía
·         Aprender a aprender
O alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe.
·         Tratamento da información e dixital
Manexar diferentes linguaxes específicos básicos (textual, icónico,visual…),así como as súas pautas de decodificación e transferencia.