viernes, 15 de diciembre de 2023

PIXILATION ANIMATION

 Estas sesións en Arts traballamos co noso auxiliar con Pixilation, unha variante de stop motion onde os actores e as actrices eran os propios rapaces e rapazas. Deixamos que a maxia da animación por imaxes fixas nos envolvese. Aqui abaixo deixámosvos unha pequena mostra do que fixemos.







viernes, 17 de noviembre de 2023

PAINTING WITH YARN

 Os nosos alumnos e alumnas mostraron unha sorprendente habilidade artística ao participar na pintura con lás inspirada en Van Gogh. Coa súa creatividade e habilidade  plasmaron os distintivos trazos do artista nas súas propias interpretacións. Os resultados foron asombrosos, amosando o poder da expresión artística e a capacidade de cada individuo para dar vida á obra dos grandes mestres dunha maneira única e persoal.  

                               


HENRI MATISSE

 


Incrible sesión de Arts esta semana! Max, o noso auxiliar,falounos do fascinante mundo do pintor Henri Matisse. Descubrimos cómo a pesar da súa enfermidade, Matisse reinventó o seu arte coas tixeiras e papeis. Inspirados pola súa creatividade, déronlle vida ás súas propias obras cortando e creando, logo déronlle o toque final con títulos que reflexan a súa imaxinación.

viernes, 10 de noviembre de 2023

AUTUMN LEAVES

Hoxe na clase de Arts , deixámonos levar pola imaxinación nunha actividade fascinante. Utilizamos un molde de folla sobre unha cartulina negra, e con tizas de cores, pintamos e difuminamos o contorno con destreza e paixón. O resultado foron creacións cheas de colorido. Foi unha viaxe inspiradora a través das formas e das cores.


 

lunes, 30 de octubre de 2023

ARTISTEANDO

 


Neste ano dende a biblioteca participamos nun Proxecto Documental Integrado chamado "ArtisTEAndo". Para celebralo inaugurámolo no Día das Bibliotecas Escolares vestidos con traxes de diferentes xéneros artísticos.Mergullámonos no mundo do Arte xunto con Don Moucho, a nosa mascota.Estamos encantados de participar neste proxecto dende Arts,

domingo, 22 de octubre de 2023

OUR PUMPKINS

 


Celebramos o comenzo do outono con creatividade con esta proposta do noso auxiliar Max. Fixemos estas incribles calabazas en Arts. Encántanos darlle a benvida ao outono con arte e diversión!!

viernes, 29 de septiembre de 2023

OUR VISIBLE AND INVISIBLE PORTRAITS

 Estos días estiveron facendo os seus "Visible and invisible identity portraits". Foi unha forma de coñecernos un pouco máis.



jueves, 6 de abril de 2023

EASTER BUNNY

 Para celebrar a chegada da primavera , fixemos as siluetas duns coelliños utilizando tizas. Mirade que xeitosiños lles quedaron. Ademáis coas siluetas blancas que lles din pedíronme para poder crear eles e elas algunha obra. Encántame deixarlles voar a súa imaxinación e creatividade!!



jueves, 23 de marzo de 2023

sábado, 18 de marzo de 2023

SGRAFFITO DRAWING

Hoxe traballaremos unha nova técnica que seguro que vos vai encantar. Primeiro veremos este vídeo para entendela ben. 

                             

jueves, 9 de febrero de 2023

STILL LIFE II

 Temos uns e unhas incribles artistas. Cada vez déixanme máis abraiada.Que contenta estou cos meus artistas!




lunes, 6 de febrero de 2023

STILL LIFE I

Con este vídeo aprenderemos cómo facer un bodegón utilizando ben a mezcla de cores e as sombras.