sábado, 13 de junio de 2020

MOSTRA DAS VOSAS ALFOMBRAS

Aquí vos deixamos unha mostra das vosas alfombras recibidas. Aínda que este ano non as poderemos facer nas rúas, polo menos  lembraremos así o Corpus dun xeito especial.





          GRAZAS POR TODAS AS VOSAS ACHEGAS! 
              SODES UNS VERDADEIROS ARTISTAS!





lunes, 8 de junio de 2020

VÍDEO DE DESPEDIDA DE STEVE


Hoxe o profe Steve mandounos unha mensaxe para que vos fixeramos chegar o seu agradecemento polos vosos SUPERTEACHERS e tamén polas vosas mensaxes e cartas.Pediunos que vos subiramos este vídeo que fixo con todo o seu cariño. Se queredes velo clicade AQUI.



SEE YOU SOON STEVE!!
WE WILL MISS YOU!!


domingo, 7 de junio de 2020

CORPUS CHRISTI FLOWER CARPETS


Este ano non se poderá celebrar, polo COVID 19, unha das nosas festas tradicionais, a FESTA DO CORPUS CHRISTI. O día grande de Ponteareas teremos que facelo visible dalgún xeito.

                            
                       
                            

A Asociación de Alfombristas  propón a todos os rapaces e rapazas  realizar unha pequena alfombra nas vosas casas. Dende aqui queremos unirnos á súa proposta creando  FLOWER CARPETS con flores naturais, de papel, secas, con semillas ou calquera outro material que se vos ocurra.

                                          

Teredes que sacarlle unha foto e mandárnola ao noso correo:
                         englishbreycorner@gmail.com

                               HAVE A NICE WEEK!

                                

EXPOSICIÓN VIRTUAL DAS NOSAS MENINAS

Aqui vos deixamos a exposición virtual das recreacións que fixéchedes de María Agustina De Sarmiento. Estades feitos uns verdadeiros artistas!

NORABOA A TODOS E TODAS!!
CONGRATULATIONS TO EVERYONE!!


domingo, 31 de mayo de 2020

REINTERPRETANDO AS MENINAS

Este vídeo xa vos dará a pista do que imos  traballar esta semana.

              


Dende fai varios anos, o noso concello organiza unha exposición de MENINAS durante as festas do CORPUS.
Se estiveramos no cole estaríamos dándolle os últimos toques  á nosa MENINA. Esta foi a do ano pasado.
               
                                       

Esta semana a nosa actividade de ARTS xirará en torno ás Meninas, obra emblemática do pintor sevillano Diego Velázquez, que realizou este cadro en 1656. Unha das meninas Mª Agustina de Sarmiento, naceu en Canedo, nun pazo que despois se convertiría no actual convento.


Propoñémosvos deixar voar a vosa imaxinación para facer a vosa particular reinterpretación de María Agustina de Sarmiento.Podedes cambiala de roupas, de escenario...utilizando diferentes materiais.

ANIMÁDEVOS A FACER AS VOSAS PROPIAS CREACIÓNS!!!




THANK YOU TO A SUPERTEACHER


Como xa vos dicía co mes de maio rematou o traballo de Steve. Preparámoslle este vídeo de despedida cos vosos traballos feitos con moito agarimo.




                                        





WE WILL MISS YOU!
SEE YOU SOON!




lunes, 25 de mayo de 2020

THANK YOU FOR BEING A SUPERTEACHER

Chega á hora de despedir a Steve. Se estiveramos no colexio faríamoslle unha festa  e prepararíamoslle diferentes agasallos para que non se esqueza de nós, por iso ímosllos preparar esta semana  e farémosllos chegar dende aqui.
Agradecerémoslle todo o que nos axudou este curso. Foi todo un SUPERTEACHER polo que para esta semana propoñémosvos convertir a Steve nun SUPERHEROE. 
Deixámosvos este vídeo para que vos axude e vos dea inspiración. 
         

                        

Aqui vos queda unha pequeña mostra de fotos por se alguén quere lembralo mellor. Foron moitos os momentos compartidos con él, e fixo ,que non os esqueceremos nunca.
Animádevos a crear a SUPERTEACHER STEVE, pode ser debuxado ou creado con diferentes materiais. Esperamos as vosas creacións, non vos olvidedes de mandárnolas e poñerlle algunha mensaxe de despedida e agradecemento.





SEE YOU SOON STEVE!





domingo, 24 de mayo de 2020

YOUR COFFEE STAIN CREATURES

Aqui vos deixamos un vídeo coas vosas creacións . Einstein decía que "A CREATIVIDADE É A INTELIXENCIA DIVERTÍNDOSE". Por iso queremos animarvos a que a sigades potenciando.



Noraboa pola vosa creatividade!



domingo, 17 de mayo de 2020

8th WEEK: COFFEE STAIN CREATURES

Unha mancha de café pode servir de inspiración a moitos artistas. Esta semana propoñémosvos un novo reto (challenge), darlle vida ás vosas manchas de café. Steve enviounos esta presentación para axudarnos e inspirarnos, para vela podedes clicar AQUI.



Agora seguro que xa estades desexando crear as vosas criaturas con esas manchas. Como Steve vos di, quen non teña café pode facelo con algún refresco de cola ou incluso con acuarela ou témpera moi líquida. Estamos desexando ver as vosas creacións.
Non vos esquenzades de facérnolas chegar ao noso correo:

                   englishbreycorner@gmail.com

             Dibujos de monstruos con manchas de café – 3Memes.com

sábado, 16 de mayo de 2020

SEA LIFE II (4º)

Os compañeiros e compañeiras de 4º queren amosarvos as súas creacións. Mirade que pedazos de artistas temos!

                                           Laura 4º A                                   Noa Vaqueiro 4º   C    

                                           Roi 4ºC                                         Rita 4º C
                         Antía 4º B                                     Bruno 4º C                      
                 
Enzo 3º A                                      Asier 4º A

Saúl 4ºC

CREATING MOVEMENT II (3º)

Aquí vos deixamos as únicas propostas que nos chegaron  das vosas creacións con movemento.


David Barja 3º A


 Shaila Romero 3º A

     
                    Sofía Piñeiro 3º B    Lucas Rabelo 3º B


              Grazas aos catro pola vosa participación

domingo, 10 de mayo de 2020

7th WEEK: SEA LIFE (4º)

Dale Chihuly fixo o teito desta ponte con esculturas de cristal inspiradas no fondo do mar. A luz natural fíltrase a través das esculturas. A que sería maravilloso poder visitalo?


Esta semana teredes que inspiraros nesta creación e facer un debuxo cheo de cor e con olor a mar.


                                        
  Esperamos as vosas creacións no no   noso correo.

                         englishbreycorner@gmail.com
     
                         EVERYTHING WILL BE OK!!

                            





7th WEEK: CREATING MOVEMENT (3º)

               Esta semana aprenderemos a darlle movemento aos nosos debuxos. Fixádevos  ben no vídeo porque o challenge (reto) desta semana é facer un debuxo con movemento. Non hai poque facelos iguais aos que aparecen aqui, só son  exemplos.Creade os vosos propios debuxos con movemento.
 Deixade voar a vosa imaxinación!    

                       

Cando o teñades feito podedes mandárnolo  ao noso correo.

                         englishbreycorner@gmail.com
     

                         EVERYTHING WILL BE OK!!