miércoles, 18 de diciembre de 2019

CHRISTMAS DICE

Queremos amosarvos o  dado que fixemos estos días e que nos axudará a repasar, xogando, o vocabulario destas datas.

martes, 17 de diciembre de 2019

PAPER LANTERNS

Hoxe tocou facer uns farolillos con papel para poder colgar nas nosas árbores. 
Que ben o pasamos!!!

domingo, 27 de octubre de 2019

THE WITCH WHO NEEDED A HOUSE




Hoy Steve nos hizo magia en clase.Nos contó la historia de una bruja que necesitaba una casa. Se la fuimos haciendo y al final por arte de magia se convirtió en una calabaza.

Steve did magic to us in class today. He told us the story of a witch who needed a house. We made it and, by magic, it turned into a pumpkin.

jueves, 10 de octubre de 2019

SPORTS AND HOLIDAYS


Nesta sesión Steve propúxonos unha actividade para traballar por equipos. A cada grupo lle correspondía SPORTS o HOLIDAYS  e cada membro tiña que facer debuxos relacionados con estos temas.Unha vez finalizados  tivemos que expoñerlles aos nosos compañeiros os muráis finais e falar sobre eles.
Que ben o pasamos!!
THAT´S A GOOD TIME!! 

miércoles, 19 de junio de 2019

VISITA AO CONVENTO DE CANEDO, ANTIGO PAZO DE SARMIENTO




Para clausurar este proxecto das Meninas fomos visitar o Convento de Canedo, antigo pazo de Sarmiento. Recibiunos o superior e falounos da historia do convento, de como foi primeiro o Pazo dos Sarmiento onde naceu María Agustina . Puidemos ver a copia que lles regalou o Museo do Prado e tamén fotografiarnos co escudo dos Sarmiento.

FOI UN DÍA INESQUECIBLE PARA TODOS E TODAS!!

domingo, 9 de junio de 2019

ORGULLOSOS DA NOSA MENINA FERMINA





Por fin rematamos a nosa Menina e só esperar a que a veñan buscar para a exposición. Agora quedábanos pensar un nome, entre todos e todas, saíron varias propostas e o final quedou a máis votada, A Menina Fermina, porque a fixemos no Fermín Bouza Brey. Incluso nos imaxinamos a súa historia..."A Menina Fermina foise de vacacións a Hawaii e quixo mercar unha saia típica coma as que levamos nos no Entroido porque lle gustou moito
Que orgullosos nos sentimos da nosa obra rematada!!Pero todavía máis contentos de saber que imos colaborar con ela nunha causa solidaria. Primeiro estarán expostas en diferentes establecementos de Ponteareas e despois farase unha puxa por cada unha delas e os cartos conseguidos irán a unha causa solidaria, este ano a Asociación de Cancro de mama  Pilar Domingo.

CÁNTO VOCABULARIO NOVO EN INGLÉS APRENDIMOS E REPASAMOS NESTOS DÍAS COAS MENINAS!!!

lunes, 3 de junio de 2019

AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA



CRITERIOS DE AVALIACIÓN

·        Obter información concreta e relevante sobre feitos e fenómenos previamente            delimitados, utilizando diferentes fontes (directas e indirectas)
·       Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación para obter información  e      como instrumento para aprender , coñecer e utilizar palabras claves  necesarias         para ser capaz de ler, escribir e falar sobre un cadro
·       Buscar e obter información a través das TIC, utilizándoa de xeito crítico e                   sistemático.
·       Describir diferentes  rasgos físicos das persoas.
·       Valorar o traballo do grupo aceptando as diferencias con respeto e tolerancia hacia    as ideas e aportacións dos demáis.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

·    Busca, selecciona e organiza información concreta e relevante, a analiza , obtén conclusións e o comunica de xeito oral.
·  Analiza información relacionada co tema e manexa imaxes, resumes e as tecnoloxíasda comunicación e a comunicación.
·   Usa as TIC para buscar, obter e tratar información , e utilízaa de xeito crítica esistemático.
·      Utiliza estratexias para realizar traballos de xeito individual e en equipo.
·  Participa en actividades de grupo adoptando un comportamento responsable, constructivo e solidario.
·      Describe rasgos físicos das persoa

COMPETENCIAS CLAVES

·         Comunicación Lingüística
Expresión oral sobre os personaxes do cadro, nomes e aspecto físico.

·         Competencia social e cívica
-       Cooperación entre compañeiros
-       Compartir materiais en clase
-       Aprender a convivir entre eles 
-       Empatizar cos compañeiros de clase

·         Conciencia e expresións culturais

       Interese por Velázquez e polo seu cadro As Meninas
·         Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor
        Desenvolver a súa propia autonomía
·         Aprender a aprender
O alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe.
·         Tratamento da información e dixital
Manexar diferentes linguaxes específicos básicos (textual, icónico,visual…),así como as súas pautas de decodificación e transferencia.


lunes, 27 de mayo de 2019

ACTIVIDADES: SESIÓN 4





SESIÓN 4



 - Xogamos cos personaxes do cadro a "Who is who?".

 - Debuxamos a nosa representación persoal do cadro.

 - Por grupos rematamos a menina para a exposición.

lunes, 20 de mayo de 2019

ACTIVIDADES :SESIÓN 3



SESIÓN 3



 - Empezamos a clase recordando información sobre o cadro.

 - Se lles entrega un debuxo do cadro das "Meninas" para identificar os personaxes  e colorear. 

-  Por grupos empezamos a pintar a menina do concello. 

                               

lunes, 13 de mayo de 2019

ACTIVIDADES: SESIÓN 2



SESIÓN 2


 - Posta en común sobre a información que recopilaron sobre o cadro das "Meninas"

 - Rematarán a silueta do día anterior. Con todas elas faremos unha exposición e seleccionaremos detalles que utilizaremos para o diseño da do concello. 



lunes, 6 de mayo de 2019

ACTIVIDADES.SESIÓN 1




SESIÓN 1


 - Empezaremos cun feedback para saber que coñecementos previos teñen sobre o tema.

 - Pedirémoslle que investiguen máis sobre o cadro das Meninas para facer unha posta en común o próximo día.

 - Explicámoslles que imos a participar na exposición de Meninas, de carácter solidario,  organizadas polo concello.

 - Entregámoslles unha silueta de menina que eles terán que pintar ou decorar con diferentes materiais. 




miércoles, 1 de mayo de 2019

OBXECTIVOS E CONTIDOS DA UNIDADE DIDÁCTICA DAS MENINAS



OBXECTIVOS



·         Investigar sobre a obra “As Meninas” de Velázquez.

·         Identificar neste cadro  os personaxes que compoñen a obra 

·         Aprender a describir un cadro, dunha forma moi sinxela.

·         Fomentar o interese pola Arte.

·         Motivar a actitude creativa e o sentido artístico.

·         Utilizar axeitadamente o material empregado.

·         Elaborar, baseándose na observación da obra de Velázquez, unha interpretación creativa e artística do cadro das Meninas.

·         Adquirir vocabulario, en língua inglesa, ligado ao mundo palaciego : rei, raíña, princesa, infanta, bufón, palacio, pintor etc...

 

CONTIDOS

·         Recollida de información do tema a tratar, utilizando diferentes fontes (directas e indirectas)


·         Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para buscar e seleccionar información e presentar conclusións.


·         Utilización e lectura de diferentes linguaxes (diferentes tipos de textos, cadros e gráficos, fotografías…)


·         Uso e utilización axeitada dos diversos materiais cos que se traballa.


·         Interese por aprender habilidades novas.


lunes, 29 de abril de 2019

PROPOSTA DIDÁCTICA : AS MENINAS. XUSTIFICACIÓN E TEMPORALIZACIÓN



1.-XUSTIFICACIÓN
Con esta unidade didáctica pretendemos axudar aos alumnos e alumnas a coñecer a obra 
de Velázquez: "As Meninas". Decidimos traballar esta unidade xa que unha das Meninas, 
Mª Agustina de Sarmiento, naceu no noso pobo. Durante anos levamos colaborado co 
proxecto do Concello, "Flores para as meninas", un proxecto cultural, artístico e social que ten como obxectivo mostrar a nosa festa máis popular, o Corpus, e dar a coñecer a nosa Menina.
2.-TEMPORALIZACIÓN
Dedicarémoslle 4 sesións durante o mes de maio


domingo, 10 de marzo de 2019

CARNIVAL MASKS

Aqui deixámosvos algúns exemplos das máscaras de Entroido que fixo o noso alumnado na hora de ARTS.


domingo, 3 de marzo de 2019

OUR BRIDGES


Nestas sesións estivemos aprendendo a facer pontes imitando aos romanos. Convertimos a nosa clase nun museo no que montamos unha exposición con todos eles. Visitámola para coñecer as pontes que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras.