domingo, 9 de junio de 2019

ORGULLOSOS DA NOSA MENINA FERMINA





Por fin rematamos a nosa Menina e só esperar a que a veñan buscar para a exposición. Agora quedábanos pensar un nome, entre todos e todas, saíron varias propostas e o final quedou a máis votada, A Menina Fermina, porque a fixemos no Fermín Bouza Brey. Incluso nos imaxinamos a súa historia..."A Menina Fermina foise de vacacións a Hawaii e quixo mercar unha saia típica coma as que levamos nos no Entroido porque lle gustou moito
Que orgullosos nos sentimos da nosa obra rematada!!Pero todavía máis contentos de saber que imos colaborar con ela nunha causa solidaria. Primeiro estarán expostas en diferentes establecementos de Ponteareas e despois farase unha puxa por cada unha delas e os cartos conseguidos irán a unha causa solidaria, este ano a Asociación de Cancro de mama  Pilar Domingo.

CÁNTO VOCABULARIO NOVO EN INGLÉS APRENDIMOS E REPASAMOS NESTOS DÍAS COAS MENINAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario