lunes, 27 de mayo de 2019

ACTIVIDADES: SESIÓN 4





SESIÓN 4



 - Xogamos cos personaxes do cadro a "Who is who?".

 - Debuxamos a nosa representación persoal do cadro.

 - Por grupos rematamos a menina para a exposición.

lunes, 20 de mayo de 2019

ACTIVIDADES :SESIÓN 3



SESIÓN 3



 - Empezamos a clase recordando información sobre o cadro.

 - Se lles entrega un debuxo do cadro das "Meninas" para identificar os personaxes  e colorear. 

-  Por grupos empezamos a pintar a menina do concello. 

                               

lunes, 13 de mayo de 2019

ACTIVIDADES: SESIÓN 2



SESIÓN 2


 - Posta en común sobre a información que recopilaron sobre o cadro das "Meninas"

 - Rematarán a silueta do día anterior. Con todas elas faremos unha exposición e seleccionaremos detalles que utilizaremos para o diseño da do concello. 



lunes, 6 de mayo de 2019

ACTIVIDADES.SESIÓN 1




SESIÓN 1


 - Empezaremos cun feedback para saber que coñecementos previos teñen sobre o tema.

 - Pedirémoslle que investiguen máis sobre o cadro das Meninas para facer unha posta en común o próximo día.

 - Explicámoslles que imos a participar na exposición de Meninas, de carácter solidario,  organizadas polo concello.

 - Entregámoslles unha silueta de menina que eles terán que pintar ou decorar con diferentes materiais. 




miércoles, 1 de mayo de 2019

OBXECTIVOS E CONTIDOS DA UNIDADE DIDÁCTICA DAS MENINAS



OBXECTIVOS



·         Investigar sobre a obra “As Meninas” de Velázquez.

·         Identificar neste cadro  os personaxes que compoñen a obra 

·         Aprender a describir un cadro, dunha forma moi sinxela.

·         Fomentar o interese pola Arte.

·         Motivar a actitude creativa e o sentido artístico.

·         Utilizar axeitadamente o material empregado.

·         Elaborar, baseándose na observación da obra de Velázquez, unha interpretación creativa e artística do cadro das Meninas.

·         Adquirir vocabulario, en língua inglesa, ligado ao mundo palaciego : rei, raíña, princesa, infanta, bufón, palacio, pintor etc...

 

CONTIDOS

·         Recollida de información do tema a tratar, utilizando diferentes fontes (directas e indirectas)


·         Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para buscar e seleccionar información e presentar conclusións.


·         Utilización e lectura de diferentes linguaxes (diferentes tipos de textos, cadros e gráficos, fotografías…)


·         Uso e utilización axeitada dos diversos materiais cos que se traballa.


·         Interese por aprender habilidades novas.