domingo, 31 de mayo de 2020

REINTERPRETANDO AS MENINAS

Este vídeo xa vos dará a pista do que imos  traballar esta semana.

              


Dende fai varios anos, o noso concello organiza unha exposición de MENINAS durante as festas do CORPUS.
Se estiveramos no cole estaríamos dándolle os últimos toques  á nosa MENINA. Esta foi a do ano pasado.
               
                                       

Esta semana a nosa actividade de ARTS xirará en torno ás Meninas, obra emblemática do pintor sevillano Diego Velázquez, que realizou este cadro en 1656. Unha das meninas Mª Agustina de Sarmiento, naceu en Canedo, nun pazo que despois se convertiría no actual convento.


Propoñémosvos deixar voar a vosa imaxinación para facer a vosa particular reinterpretación de María Agustina de Sarmiento.Podedes cambiala de roupas, de escenario...utilizando diferentes materiais.

ANIMÁDEVOS A FACER AS VOSAS PROPIAS CREACIÓNS!!!




1 comentario: